Galicia Vigo al minuto

600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta

O obxectivo é ter unha maior disponibilidade para facer fronte ás necesidades derivada da COVID-19

O DOG publica a oferta de emprego público da Xunta con 702 prazas de acceso libre

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores as listas provisionais de admitidos e excluídos, que se fai de forma anticipada e separada, para ter así unha maior dispoñibilidade de profesionais para facer fronte ás necesidades derivadas da covid-19.

En total, foron 586 as solicitudes de incorporación a estas listas: 23 nas categorías de titulado superior médico e outras (grupo I, categoría 2); 63 para ATS e outras (grupo II, categoría 2); e 500 solicitudes para auxiliar de clínica e outras (grupo IV, categoría 3).

Consulta das listaxes

As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta.

Os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles desde hoxe, data da publicación das listas no DOG, para presentar reclamacións.

Estas listas son utilizadas pola Administración galega para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en residencias de maiores, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia ou escolas infantís.

También te puede interesar