RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

#25N en Vigo sen bandeiras e con máscaras contra a pandemia do «terrorismo machista»

A concentración empezará ás 20:00h. na rúa Colón

Feminismo Unitario de Vigo vén de facer pública a convocatoria de concentración polo 25 de novembro ‘Día internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller’. 

A concentración, prevista para este mércores, comezará ás 20:00 h. na rúa Colón

Medidas antiCOVID

«Dadas as circunstancias faremos un considerable esforzo para garantir as medidas de  prevención contra o coronavirus», sinala a asociación. Dende a mesma instan a non acudir en caso de presentar calquera síntoma, recalcando a obrigatoriedade de levar máscaras e gardar a distancia de seguridade.

Terrorismo machista

«Con estas medidas estamos seguras que podemos ocupar as rúas un ano máis para denunciar a outra gran pandemia que é o terrorismo machista, que cada ano ten decenas de vítimas mortais e incontables vítimas en xeral».

Sen bandeiras nen faixas

Sen bandeiras, nin faixas, cada muller pode traer o seu cartaz de casa para estarmos todas representadas. A concentración en Vigo comezará ás 20:00h na Rúa Colón.

También te puede interesar