'Qué te cuentas?' Galicia

Empeza a campaña da centola e do boi

Estarán na lonxa mañá

A Consellería do Mar abre este luns, día 9, a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Nas áreas que van da Guarda ata cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir da próxima madrugada e levar as especies á lonxa mañá.

A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2021, que se fixará a través do correspondente plan de xestión.

No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 30 de novembro.

35 quilos por barco e día

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

También te puede interesar