Galicia Sucesos

48 personas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos

40 persoas foron evacuadas a hospitais e 8 atendidas no lugar do accidente

Muere un trabajador al caerse de una plataforma elevadora

O persoal do 061 Galicia asistiu durante a fin de semana a 48 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres, 30 de outubro, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 1 de novembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 44 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 42. Así, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes; as de soporte vital básico
a 34 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.

En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar