RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Aberto o prazo para optar entre o Cunqueiro e a clínica privada Povisa coma hospital de referencia

Será de 30 días naturais a contar dende este mércores

O Diario Oficial de Galicia publica este martes unha resolución pola que se abre o período  de elección de especialista na Área Sanitaria de Vigo.

Poden solicitar este cambio os pacientes asignados aos centros de saúde dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar,e dos centros de saúde de Coia, Coruxo, Navia, López Mora, Pintor Colmeiro, Nicolás Peña, Rosalía de Castro-Beiramar.

Trinta días de prazo

O prazo inicial para elixir será de 30 dias naturais a partir do seguinte na súa publicación no DOG.

Documentación

A documentación necesaria é: DNI, tarxeta de identidade de estranxeiro ou pasaporte- e o modelo de solicitude incluído na Resolución publicada polo Sergas.

Tamén será posible tramitar a opción de cambio a través de internet, nas condicións que se explicitan na web do Sergas (www.sergas.es).

Non se poderá cambiar

Non será posible tramitar a opción de cambios nos seguintes supostos: mentres a persoa estea hospitalizada nun ou noutro hospital; cando teña iniciado un tratamento de quimioterapia ou radioterapia e cando as solicitudes recibidas superen o límite de persoas usuarias que Povisa pode ter asignadas (139.000).

A solicitude poderá presentarse no centro de saúde e en calquera dos centros hospitalarios do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) ou a clínica privada Povisa.

As solicitudes rexeitadas comunicaranse sempre por escrito e facendo constar o motivo de rexeitamento.

O cambio de hospital será efectivo no momento en que o usuario presente a súa solicitude e sexa adscrito polo Sergas.

También te puede interesar