Galicia Vigo al minuto

O BNG pregunta ao goberno de Vigo o motivo de non empregar 2 millóns do superávit de 2019

Hai uns días o alcalde asegurara que non había cartos para desinfectar os parques infantís

O BNG interpelou ao Goberno local, polo motivo de que non se empregasen 1.969.000€ do superávit de 2019.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque asegurou «non comprender a razón pola que non se bota man destes recursos extraordinarios». «Nun contexto de tantas as necesidades na cidade derivadas da pandemia do coronavirus, o que cómpre é precisamente utilizar todos os recursos e capacidades das que dispón o Concello», argumentou.

Para Igrexas o feito de ter «ociosos» preto de 2 millóns, cando hai uns días o alcalde decidía fechar a metade dos parques infantís alegando o elevado custo da súa desinfección, só se debe «á falla de vontade política e de capacidade de xestión» do Goberno local.

Malia contar coa presenza do concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, na comisión informativa o Goberno local non deu resposta a esta cuestión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.