'Qué te cuentas?' Galicia

O BNG cuestiona a venda de 89 animais do Vigozoo

Urxe avanzar cara a un modelo máis respectuoso cos dereitos dos animais e pechar este VigoZoo

O Bloque Nacionalista Galego cuestiona a decisión do Goberno municipal de proceder á venda de 89 animais nacidos en Vigozoo. O seu concelleiro, Xabier P.Igrezas insta a poñer en marcha un plan para a transformación do recinto “poñendo fin ao modelo de exhibición de animais presos”.

Non se pode tratar os animais coma si fosen unha moto

Dende o BNG non se comparte a fórmula escollida polo Goberno local para se “desfacer” destes exemplares. “Non compartimos que se trate os animais como calquera ben móbel inventariado, coma se fosen unha motocicleta”, sinala Igrexas.

Ao seu xuízo o máis axeitado tería sido promover un convenio de colaboración con algún refuxio ou santuario de animais, onde se garanta que van estar en mellores condicións que en Vigozoo.

Poucas garantías no seu traslado

Neste sentido, o edil xulga insuficientes as garantías de que o traslado, tal e como se recolle no prego, permita un maior respeito ao benestar animal no novo destino.

Cambio de modelo

O Bloque tamén advirte de que nada se sabe do plan anunciado polo alcade a inicios de ano para a reconversión de Vigozoo, co obxectivo de superar o actual modelo de exhibición de animais presos.

“Desde xaneiro non coñecemos ningunha medida concreta que defina como e cando se vai levar adiante esa transformación”. Igrexas, lodo de subliñar que o BNG apoia plenamente ese cambio, lembrou que o PSOE rexeitou dotar dunha partida de 30.000€ nos orzamentos municipais deste ano para esa finalidade.

También te puede interesar