Cultura Destacados

Marea Vigo denuncia a impunidade dos locais de apostas e casinos na cidade

También apunta al Gobierno local

Marea de Vigo trasladará ao Director Xeral de Ordenación do Xogo a súa frontal oposición ao criterio esgrimido pola Xunta de non restrinxir os horarios de peche destes negocios ao entender que «non hai interación entre clientes».

Este feito, a xuízo de Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo «amosa a clara influencia que o lobby do xogo ten sobre as decisións sanitarias e lexislativas que toma a Xunta«.

Unha situación denunciada dende hai 2 meses

Marea de Vigo leva denunciada esta situación dende o pasado 28 de agosto, ante as autoridades competentes, Daquela indicaba que «diversos negocios relacionados co xogo e apostas estaban servindo alcohol como alternativa ante o peche do ocio nocturno», ao non estar estas actividades limitadas polas restriccións horarias.

Confirmábase, así a «patente de corso da que dispoñen os establecementos de xogo». Os mesmos, entende Oriana Méndez, están amparado, dunha banda pola norma da Xunta e, doutra, polo Concello, «que non levou a cabo medida algunha, nin tan sequera amosando oposición a unha norma que supón un importante agravio ao sector hostaleiro da cidade».

Perxuizo á hostalería local

Ademais do perxuizo á hostaleria local, para a Marea de Vigo «a norma emitida pola Xunta resulta absolutamente incoherente coa suposta intención da mesma, que obriga a pechar os locais de restauración e ocio nocturno á 01:00 pero por outra banda permite que outro tipo de locais permanezan abertos».

Proliferación de casas de apostas en Vigo

Na xuntanza, Marea de Vigo denunciará tamén a forte proliferación de casas de apostas na cidade durante os últimos anos, nas que tamén se usan as modalidades de apostas on-line, «un tipo de maquinas que incluso podemos atopalas fóra deses espazos, en bares e restaurantes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.