Destacados Vigo al minuto

O BNG expresa dúbidas sobre a adxudicación da Axuda no Fogar a DomusVi

Comparte a enorme preocupación que manifesta o colectivo de pensionistas diante do feito de que DomusVi, fixo “unha xestión nefasta nas residencias”

Covelo aproba unha suba de 73.000€ anuais para o Servizo de Axuda no Fogar

O BNG expresou dúbidas sobre o proceso de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Vigo eo grupo DomusVi.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, mantivo este luns un encontro co Colectivo de Pensionistas e Xubiladas/os da CIG e delegadas sindicais no SAF. “Comparto a enorme preocupación que manifesta o colectivo de pensionistas diante do feito de que DomusVi, cunha xestión nefasta nas residencias e obxecto de numerosas denuncias, se vaia facer co control do SAF”, expresou.

Importantes dúbidas

Para o Bloque esta adxudicación, acordada polo Goberno Local o 24 de setembro, xera “importantes dúbidas”. Máis ainda posto que no proceso de baremo esta empresa recibiu a máxima puntuación, 15 de 15 puntos, no relativo a súa proposta organizativa, a seis puntos de distancia da segunda oferta mellor valorada.

“Resulta moi estraña esa valoración, cun 15 redondo, cando ademais pola estrutura do prego era previsíbel que unha diferenza tan marcada podería decantar a adxudicación, como finalmente sucedeu”, explicou Igrexas.

Acceso ao expediente íntegro

Diante desta situación, o BNG vén de solicitar acceso ao expediente íntegro de adxudicación. Deste xeito poderíase coñecer que elementos xustifican e obxectivan a valoración da oferta. Aliás, os servizos xurídicos do Bloque valoran que accións poder emprender para “poñer luz nun proceso que presenta, aparentemente, demasiadas sombras”.

Munipalizar o servizo

O BNG reitera que a aposta ten que ser a de municipalizar o servizo a través da xestión pública directa. O obxectivo é poñer fin “á mercantilización dos coidados e á precariedade en servizos esenciais como SAF”.

Igrexas salientou que “no BNG queremos que o SAF sexa un servizo público e non unha fonte de negocio privado”.

También te puede interesar