Galicia Sucesos

Un morto e 75 feridos nas estradas de Galicia durante a fin se semana

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 83 chamadas en relación con estes sucesos

Profesionais do 061 asistiron durante a fin de semana a 76 persoas debido a 63 accidentes de tráfico. Os mesmos ocorreron entre as 3 da tarde do venres, día 25, e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 83 chamadas en relación con estes sucesos.

Os recursos sanitarios mobilizados 061 foron 77. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 3 accidentes; helicóptero medicalizado asistiu nun; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 e os equipos sanitarios de Atención Primaria, que completan a dotación das ambulancias asistenciais prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en 4 ocasións.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes; en 17 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa morreu no punto do sinistro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.