Comarcas

Ven á provincia de Pontevedra,”Sigue o teu instinto”

Nova campaña da Deputación de Pontevedra evar o nome desta provincia por todos os recunchos como un destino seguro, responsable, sostible e cheo de experiencias

A Deputación estreará este domingo un novo audiovisual centrado na sustentabilidade do destino Rías Baixas #PontevedraProvincia. A estrea coincide coa celebración do Día Mundial do Turismo, adicado este ano ao desenvolvemento do mundo rural.

Carmela Silva adiantou que o vídeo, “mostra a marabillosa natureza que temos no territorio, tanto de costa como de interior“. O mesmo enmárcase na campaña de difusión “Sigue o teu instinto” e reflicte a “defensa do medio ambiente na liña do turismo seguro, responsable, de preservación do patrimonio, das experiencias e da posta en valor do local”.

O audiovisual poderase ver este domingo nas webs da Deputación e de Turismo Rías Baixas e nas redes sociais corporativas.

A presidenta recoñeceu que a celebración chega nun momento “difícil” debido á pandemia, co sector turístico moi afectado, con entre 100 e 120 millóns de empregos en perigo, e cunha perda do PIB mundial.

“Aínda así, sinalou, co noso audiovisual queremos enviar unha mensaxe de optimismo, porque temos que ser optimistas e porque a propia pandemia tamén se presenta como oportunidade para sumar sinerxías e reiniciar o turismo”.

Estamos convencidas de que o rural ten futuro e que o turismo pode ser un alicerce moi relevante para ese futuro, para coa preservación e o coidado xerar actividade, fixar poboación e crear emprego”, engadiu.

Comeza a campaña de outono “Sigue o teu Instinto”

En relación coa promoción anual do destino 2020, Carmela Silva informou que a próxima semana comezará a campaña de outono de “Sigue o teu instinto”. A mesma ten coma obxectivo “levar o nome desta provincia por todos os recunchos como un destino seguro, responsable, sostible e cheo de experiencias”. A presidenta desexou que “ogallá teña o mesmo alcance que o que obtivemos este verán que foi espectacular con máis de 24 millóns de impactos cando agardabamos 2o millóns a finais de ano”.

También te puede interesar