'Qué te cuentas?' Galicia

O número de lanzamentos executados en Galicia baixa nun 87,4 % pola COVID-19

Os procedementos de execución hipotecaria descenden nun 92,9%

A suspensión dos prazos procesuais, pola declaración do ‘Estado de Alarma’, provocou un descenso da actividade dos xulgados.

Así o indica o informe ‘Efectos da crise económica nos órganos xudiciais’, difundido este venres . O documento, publicado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, evidencia que os lanzamentos practicados en Galicia entre o 1 de abril e o 30 de xuño experimentaron un descenso do 87,4 %. Exactamente, pasaron de 657 en 2019 a 83 este ano. No conxunto do Estado, os lanzamentos executados descenderon un 90,6 %.

Dos rexistrados en Galicia, 10 producíronse como consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, fronte aos 140 que se realizaron en 2019. Isto supón unha baixada interanual do 92,9 %.

Como consecuencia de procedementos derivados da Lei de arrendamentos urbanos rexistráronse 70, un 86 % menos que no período anterior, cando se contabilizaron 501. Os lanzamentos enmarcados no apartado de “outras causas” pasaron de 16 o ano pasado a 3 no segundo trimestre de 2020.

As execucións hipotecarias iniciadas en Galicia entre o 1 de abril e o 30 de xuño baixaron un 27,3 %. No segundo trimestre do ano presentáronse 125 procedementos que permiten esixir o pago das débedas garantidas por peñor ou hipoteca ao acredor, fronte ás 172 do ano anterior.

También te puede interesar