O voceiro de Marea de Vigo reuniuse con comerciantes de Travesas co fin de explicar os cambios que traerá a nova tarificación da auga.
No encontro, no que se fixeron varias simulacións da nova tarificación, Perez trasladou ás e os comerciantes a postura da Marea de Vigo ao respecto.
«O Goberno local está desplazando cara ao conxunto da cidadanía unha mala xestión da auga xusto no peor momento do comercio local«, sinalou o concelleiro.
O que debería estar facendo o Concello, engadiu é «unha adaptación das tarifas á situación económica, axudando aos sectores que empregan ao 65% dos vigueses».
Penalización económica para os pequenos negocios da cidade
«Se ben era unha oportunidade para adaptar a tarifa cara a un consumo responsable e á situación económica», a xuízo de Marea, fíxose o contrario.
No caso de pequenos negocios, «como perruquerías, lavanderías e incluso hostalería, nos que o consumo da auga é un elemento fundamental» suben os custos. Para eles, subliñou Rubén Pérez, a nova tarificación suporá unha «penalización por un exceso de consumo de auga».
Ante o que desde a Marea de Vigo se cualifica coma unha «estafa» ao comercio local, «alentamos ao colectivo de comerciantes da cidade, ademais dos e das consumidoras, a que fagan os seus cálculos e, unha vez publicada a proposta de ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), presenten as súas alegacións».
