Ciencia y Tecnología Galicia

O Sergas publica as puntuacións dos procesos de oposición para o ingreso en varias categorías

Ofértanse 1.492 prazas para un total de 11 categorías, das que 254 son de médicos de familia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes ás puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de: médico de familia, pediatra e odontólogo de atención primaria, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliares de enfemería, persoal de servizos xerais e enfermeiro especialista das especialidades de enfermería de saúde mental, do traballo, familiar e comunitaria, obstétrico-xinecolóxica e pediátrica, que se realizaron entre os meses de febreiro e marzo deste ano.

1.492 prazas

Ofértanse 1.492 prazas para un total de 11 categorías, das que 254 son de médicos de familia. Superaron a fase de oposición 4.953 aspirantes.

Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías. 

Próximas actuacións

Está previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.