Destacados Sucesos

144 anciáns contaxiados por Covid-19 no centro privado DomusVi de Outeiro de Rei

A Xunta intrviu xa este xeriaátrico no que tamén hai 19 traballadores que deron positivo

A Xunta interviu o centro que a empresa privada DomusVi ten no concello lucense de Outeiro de Rei, logo de confirmarse no mesmo 163 positivos por coronavirus.

Deles 144 son anciáns que residen no centro. 16 deles tiveron foron trasladados ao hospital– segundo datos confirmados por fontes da Consellería de Política Social. Os outros 19 contaxios se produciron entre as traballadoras e traballadores.

Intervención fulminante

Logo de coñecerse o altísimo número de contaxios, a Xunta acordou a intervención inmediata da residencia. Agora será persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) o que tome o control: supervisará a aplicación dos protocolos anti COVID e leve a cabo un seguimento constante da situación dos contaxiados.

También te puede interesar