Comarcas

@depo_es e @unicef_es colaboran para protexer a nenas e nenos de Senegal da Covid-19

Destinará 15.000€ a equipos de higiene y protección

A Deputación de Pontevedra, por quinto ano consecutivo, volve a colaborar con UNICEF. Este 2020, destinará 15.000€ á protección das nenas e nenos máis vulnerables dos efectos da pandemia da COVID-19 en Senegal.

“Temos a obriga de salvagardar a saúde de todos os seres humanos, moi particularmente á infancia, que é o presente e o futuro”, sinalou
a presidenta da Deputación.

Carmela Silva puxo en valor a labor “imprescindible” de UNICEF á que se referiu como “unha organización fundamental para construír
un mundo mellor”
. Pola súa banda, a coordinadora do Comité de Galicia de Unicef, Irene Marín, agradeceu e enxalzou o apoio “clave” da Deputación de Pontevedra. Marín subliñou que «é fundamental que os gobernos se impliquen, dende todos os ámbitos, para poder avanzar no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”.

Reducir a transmisión co Covid-19

O obxectivo desta colaboración en cooperación internacional é
reducir a transmisión e mortalidade do virus a través do acceso a auga segura e a un saneamento e hixiene adecuados.

En concreto, con esta aportación da institución provincial vaise facer
adquisición, distribución e entrega de equipos de protección e desinfección individuais (EPIs), equipos médicos e produtos de material hixiénico, neste país onde a pandemia pode ter efectos devastadores. Tamén se instalarán tanques de auga e puntos de lavado de mans para dispoñer de auga limpa e para a hixiene do persoal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.