RGPD - Cookies
Galicia

Sanidade levanta o ‘confinamento’ na Mariña Lucense, agás en Burela

Ribadeo, Xove, Cervo, Foz, Viveiro e Barreiros, recuperan a mobilidade normal

O conselleiro de Sanidade en funcións anunciou este mércores que o Goberno de Galicia mantén as restriccións de mobilidade só no concello de Burela. Nos outros seis concellos da Mariña lucense ‘confinados’ polo rebrote de coronavirus, levántanse as restricións.

Isto supón que as veciñas e veciños de  Ribadeo, Xove, Cervo, Foz, Viveiro e Barreiros, recuperan a mobilidade normal.

Jesús Vázquez Almuiña, acompañado por membros do ‘comité de expertos’, indicou que  o ‘rebrote’ afecta a 151 persoas, o que supón unha baixada de 12 casos. Ademáis o Servizo Galego de Saúde segue a evolución de 534 persoas máis.

También te puede interesar