Galicia Vigo al minuto

@AsNevesConcello pide a Abanca que elimine as ‘comisións abusivas» e devolva as xa cobradas

A proposta foi aprobada por unanimidade de todos os grupos da Corporación

O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes, por unanimidade dos seus 11 concelleiros, integrantes dos grupos municipais do Partido Popular, BNG, PSdG-PSOE e concelleiro non adscrito, instar a ABANCA á eliminación das ‘comisións abusivas‘ e á devolución das xa efectuadas. A Corporación fixo extensiva esta solicitude a «todas as entidades bancarias con implantación no noso territorio».

Derogación da ‘Lei Montoro’

Así mesmo, cos votos a favor dos concelleiros do equipo de Goberno (BNG-PSdG-PSOE), a abstención do concelleiro non adscrito e o voto en contra dos concelleiros do Partido Popular, se insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para esixir a derrogación da ‘Lei de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira’, Lei Orgánica de 2/2012, de 27 de abril, a popularmente coñecida coma ‘Lei Montoro’.

A Corporación das Neves entende que nesta situación de «grave crise», é necesario poder destinar os recursos dos Concellos a «políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica».

Plan Galego de Reactivación Económica

Co apoio das concelleiras e concelleiros do BNG e PSdG-PSOE, a abstención do concelleiro non adscrito, e o voto en contra do PP, o Pleno do Concello das Neves, insta á Xunta de Galicia a iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica, consensuado con todas as administracións, forzas políticas, axentes e sectores sociais. Este plan debe delimitar claramente as competencias das distintas administracións, para evitar duplicidades e baleiros no emprego dos recursos públicos.

Ademais, pídese ao Goberno de Galicia a elaborar con urxencia dun plan galego de axudas, que complemente as medidas do Estado, a autónomos e Pequenas e Medianas Empresas (PEMES).

A Corporación nevense instou á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á Xunta de Galiza a esixir a derrogación da Lei Montoro para permitir que os concellos poidan desenvolver toda a súa capacidade de investimento e gasto.

Por último, o Pleno manifestou a «firme oposición da Corporación municipal a calquera pretensión do Ministerio de Facenda de incautar ou bloquear os fondos municipais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.