Galicia Vigo al minuto

Menos rupturas matrimoniais en Galicia no primeiro trimestre do ano

Dacordo cos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) diminuiron o 22,2 %.

O número de demandas de ruptura matrimonial (separacións e divorcios) presentadas en Galicia no primeiro trimestre do ano foi de 1.259, fronte ás 1.618. Dacordo cos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) supón unha diminución do 22,2 %. No Estado rexistrouse un descenso do 18,5 %.

Menos demandas

Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2020, obsérvase que por cada 10.000 habitantes en Galicia se contabilizaron, no período estudado, 5,4 demandas, fronte ás 5,7 de media estatal.

En Galicia diminuíron tanto os divorcios consensuados (de 846 a 668, un 21 %) como os non consensuados (de 709 a 549, un 22,6 %). En relación ás separacións consensuadas, pasaron de 44 a 30 no primeiro trimestre do ano, mentres que as non consensuadas pasaron de 19 a 12, un 36,8 % menos. Neste período non se rexistrou ningunha petición de nulidade matrimonial.

Procedementos de garda, alimentos e medidas consensuadas

Nos tres primeiros meses do ano tamén se produciu un descenso interanual dos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, así como dos de modificación de medidas en procesos de separación e divorcio.

Entre o 1 de xaneiro e o 14 de marzo iniciáronse 150 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 10,7 % menos que no mesmo período do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 439 a 429, un 2,3 % menos.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 214 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 225 do primeiro trimestre de 2019, o que supón un descenso do 4,9 %; e 294 demandas de modificación de medidas non consensuadas (320 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 8,1 %.

También te puede interesar