Ciencia y Tecnología Galicia

70.000 habitantes do norte de Lugo, ‘confinados’ dende este luns polo rebrote de coronavirus

O número de contaxios pasou na provincia de 17 a 117 en so dez días

Os 14 concellos da Mariña Lucense, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, están ‘pechados’ dende as 00:00 h. deste luns.

Uns 70.000 habitantes terán que permanecer neles e nos poderán salir da comarca…agás cun permiso expreso de Sanidade.

A medida foi decretada pola Xunta e publicada nunha edición extraordinaria do Diario Oficial de Galicia (DOGA), este domingo.

‘Rebrote’ con 106 infectados

O ‘rebrote’ de coronavirus que empezara o pasado 23 de xuño está descontrolado e pasou en dez días de 17 casos a 117 casos en toda a provincia de Lugo. Na comarca da Mariña o número de persoas infectadas é de 106, sete dos cales foron dados de alta.

Destes enfermos, 5 atópanse hospitalizados e o resto está nas súas casas. A maioría non ten síntomas ou estes son leves.

Mellor no moverse de concello

Durante os vindeiros 5 días- ata a víspera das Eleccións Galegas- as veciñas e veciños destes catorce concellos non poden saír da comarca. Está permitido moverse de concello, pero as autoridades o desaconsexan.

Sanidade lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todo momento, insta a extremar as medidas de hixiene, manter a distancia de seguridade, non facer desprazamentos innecesarios e evitar reunións numerosas e aglomeracións.

Limitación do aforo

A orde do Goberno galego limita ao 50% a capacidade de comercios e establecementos de hostelaría. Non haberá servizo na barra e o peche dos mesmos será ás 12 da noite.

Os espectáculos non poderán xuntar a máis de 60 persoas en espazos pechados e 150 ao aire libre.

También te puede interesar