Ciencia y Tecnología Galicia

A central de carbón de Meirama deixa de operar logo de 40 anos

Segundo ‘Galiza sen carbón’, emitiu millóns de toneladas de C02 á atmosfera e foi a causante de 55 mortes prematuras

A central de carbón de Meirama, propiedade de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa), deixará de operar mañá, día 30 de xuño de 2020. 

A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón” celébrao como un importante logro na loita contra a emerxencia climática global.

O carbón, o combustible fósil que máis contribúe ao cambio climático

Xunto coa de Meirama, pecharán outras sete centrais de carbón españolas. Trátase dun punto de inflexión de cara ao abandono da produción eléctrica con carbón no Estado español. O carbón é o combustible fósil que máis contribúe ao cambio climático.

Decenas de millóns de toneladas de C02 á atmosfera

Desde a súa conexión á rede eléctrica en 1980, a central de Meirama emitiu decenas de millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO2). Boa parte delas ficarán na atmósfera durante varias décadas máis. 

Nos seus últimos dez anos de vida (2010-2019), as emisións de CO2 desta central adoitaron representar un 8% das emisións totais de GEI de Galicia. Ata 2018, foi a segunda instalación industrial galega con maiores emisións de CO2, só por detrás da máis potente central de carbón das Pontes. 

Contaminantes tóxicos

A central de Meirama tamén emitiu á atmosfera grandes cantidades de contaminantes tóxicos prexudiciais para a saúde humana e dos ecosistemas. Non deixou de ser nunca un dos principais focos galegos de contaminación atmosférica, cuxos efectos se deixaron sentir tamén moito máis alá da contorna da central.

Causante de 55 mortes prematuras

Segundo o informe Last Gasp: The coal companies making Europe sick, a polución desta térmica causou 55 mortes prematuras e uns custos sanitarios por ingresos hospitalarios e perda de días de traballo asalariado de até 165 millóns de euros só durante 2016

También te puede interesar