Galicia Vigo al minuto

Traballadores de Vitrasa inician mobilizacións polos «incumprimentos da empresa e do Concello»

As protestas comezarán este venres, día 19, no Concello

O comité de empresa de Vitrasa vén de convocar unha campaña de mobilizacións para «denunciar os incumprimentos da empresa e do Goberno local».

Os mesmos refírense á colocación de baños e mamparas, a
aplicación do ERTE e das tarxetas moedeiro, así como en cuestións relativas á contratación e seguridade e hixiene nos autobuses e no taller.

As protestas comezarán este venres, día 19, no Concello de 10:00 a 11:30 horas e continuarán ás portas da empresa de 12:30 a 14:00 h.

Baños hixiénicos

Ao Concello veñen solicitándolle que non retire os baños hixiénicos instalados para o persoal de condución. Tamén reclaman que se aumenten nas liñas que non contan con este servizo nas cabeceiras.

Emprazan o Goberno local a que os manteña até que haxa uns definitivos, ou “volverémonos a atopar sen baños para poder facer as nosas necesidades”.

Tarxetas moedeiro

No que respecta ás tarxetas moedeiro, e ante a boa acollida que tivo esta iniciativa posta en marcha durante a pandemia, ínstano a facilitar a súa adquisición por parte de todos os viaxeiros, ampliando a súa venda a quioscos, estancos ou puntos de chegada.

ERTE e salarios

Lembran que ao inicio do ‘Estado de Alarma’ o alcalde comunicou que ía «blindar o salario dos traballadores das concesionarias».

«Nos gustaría saber se a millonaria indemnización que adiantou que tería que abonarlle a Vitrasa garantirá que o persoal poida recuperar a perda salarial sufrida durante o ERTE”.

Sen resposta do Goberno local

Todas estas demandas fóronlle trasladadas ao Concello polo comité en varias ocasións, a última o pasado 29- de abril. «Sen que polo de agora os responsábeis municipais se teñan pronunciado ao respecto».

Demandas a Vitrasa

Pola súa banda, a Vitrasa solicítanlle a instalación da mamparas para protexer a conductores e viaxeiros ante a volta inminente da cobranza en efectivo.

A respecto do réxime de xornada, sinalan que debido á volta á normalidade, os horarios dalgunhas liñas non teñen descanso.

Outra cuestión que pretenden solucionar coa empresa é a elevada eventualidade.

Deficiente desinfección dos autobuses

No que ten que ver coa hixiene, denuncian que detectan unha «deficiente limpeza e desinfección dos vehículos», no posto do condutor e no dos viaxeiros.

Ademais, pídenlle á empresa que mellore a calidade dos Equipos de Protección Individual (EPI) que entrega ao persoal de taller.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.