Galicia Vigo al minuto

Remata o ‘Estado de Alarma’ en Galicia: estas son as medidas que entran en vigor

Abren os hoteis e aloxamentos turísticos

Distancia Social Vigo Fase 2

O Goberno vén de aprobar o fin da vixencia do ‘Estado de Alarma’ no territorio galego a partir do luns 15 de xuño.

Estes son os principais cambios que se aplicarán a partir dese momento

Mobilidade, distancia seguridade, mascarilla

1.- Está permitida a mobilidade entre as catro provincias galegas.
2. Mantemento da distancia mínima interpersoal de 1,5 m.
3. Uso obrigatorio de mascarilla cando non se pode manter esa distancia, especialmente nos pechados.

O non cumprimento desta medida, supón unha infracción que pode ser multada con ata 100 €.

Locais comerciais

4. Recomendación da realización dos pagos con tarxeta bancaria.
5. Hixiene frecuente de mans. Tamén de espazos públicos nos de uso común.
6. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 75% do aforo tomando medidas para manter a distancia de seguridade.

Fixarase un horario de atención con prioridade para maiores de 65 anos.

Hostalaría e restauración

7. Hostalaría e restauración: Poderase servir no interior ata o 75% do aforo, garantindo a distancia interpersoal de seguridade.

Na terraza a capacidade máxima permitida é do 80% das mesas e respectando o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

8. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común, respectando un aforo máximo do 75%.

Lugares de culto, vodas e velorios

9. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 75% do aforo. Manterase a distancia de seguridade.

10. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 150 persoas nos lugares pechados e 250 nos abertos, non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo.

11. Velorios e enterros: Poderán xuntarse ata 60 persoas nos lugares abertos e 30 nos pechados.   

Mercados ao aire libre

 12. Amplíase o número de postos ata o 75% dos postos, limitando a afluencia de clientes.

13. Actos culturais: Permítense actos deste tipo cun máximo de 300 persoas en lugares pechados e 1.000 ao aire libre.

Non se excederá o 75% do aforo do espazo empregado en co público sentado en butacas previamente asignadas.

Deporte e eventos deportivos

14. Permítese a realización de deporte de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos.

Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade

Os eventos deportivos poderán realizarse contando cun protocolo específico, que será trasladado á autoridade competente e que deberá ser comunicado aos seus participantes.

15. Están permitidas a actividade cinexética e a pesca en todas as súas modalidades. Se respectará a distancia de seguridade ou se utilizarán medidas de protección como a mascarilla.

16. Actividades de tempo libre infantil e xuvenil:
a. Ao aire libre, deberase limitar o número de participantes ao 75% da capacidade máxima , cun máximo de 250 participantes, incluíndo monitores.

b. No caso de actividades en lugares pechados, non se deberá exceder o 50% do aforo, cun máximo de 150 participantes, incluíndo monitores.

17. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, ou espazos de uso público ao aire libre: poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima dunha persoa por cada catro metros cadrados.

18.Congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos: sempre que non se supere o 75% da capacidade permitida e cun límite máximo de 300 persoas sentadas para lugares pechados e 1.000 persoas sentadas ao aire libre.

También te puede interesar