Galicia Sucesos

Un morto nas estradas de Galicia a pasada fin de semana

O 061 atendendeu a 49 personas feridas en 38 accidentes

Accidente tráfico

Integrantes do 061 asistiron a 49 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas a pasada fin de semana.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 48.

A ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu en cinco accidentes de tráfico, o helicóptero medicalizado atendeu nunha, as ambulancias asistenciais en 37 sinistros e os equipos de Atención Primaria en catro accidentes.

En 42 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios, en seis atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa morreu no punto.

También te puede interesar