RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Ti onde compras?…#ElixeComercioLocal #PontevedraNaTuaCesta

Seguir potenciando o consumo no comercio da provincia e salientar o atractivo dos nosos produtos. Eses son os obxectivos que ten a Deputación de Pontevedra coa segunda parte da promoción dos pequenos e medianos negocios que empezara con ‘Pontevedra na túa cesta’ e que segue pedíndo ‘Elixe o comercio local’.

https://twitter.com/depo_es/status/1261246429437272064

A presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, salientou este venres a importancia de apoiar aos pequenos empresarios de Pontevedra que, subliñou, son «fundamentais para revitalizar a economía». É por iso que a Deputación quere destacar as ventaxas e singularidades que ofrecen as nosas tendas e comercios fronte a grandes competidores.

Entre esas ventaxes, Carmela Silva sinalou «unha atención singular, amabilidade, familiaridade, coñecemento do barrio e a súa clientela e calidade».

También te puede interesar