Ciencia y Tecnología Destacados

Un 2% dos galegos superou o coronavirus e agárdase un rebrote da enfermidade en xullo

Segundo os datos da primeira parte do estudo de ‘seroprevalencia’ do Covid-19, realizado polo Ministerio de Sanidade, só un 2,1% da poboación galega superou a infección por coronavirus e xerou anticorpos. Esta porcentaxe é menos da metade da media do Estado que está no 5% e, se teñen en conta as probas da Consellería de Sanidade a porcentaxe é aínda máis baixa.

Por provincias, A Coruña é a provincia con menor taxa de poboación con anticorpos, só un 1,8%, en Pontevedra e Lugo esa porcentaxe é do 2,3% e na provincia de Ourense do 2,8%.

Rebrote en xullo…ou antes

A ‘relaxación’ das medidas de protección, e o aumento da mobilidade, que suporá a chegada de persoas doutros lugares do Estado, serán os dous factores que, segundo os expertos consultados polo presidente da Xunta, harán que o número de casos de coronavirus sufra un ‘rebrote’ en Galicia.

O presidente Feijóo fixo esta consulta para decidir a data da celebración das Eleccións ao Parlamento galego e, dacordo cos expertos aumentarán os contaxios após o mes de xullo. Un destes especialistas sinala que ese rebrote será máis duro que a onda que xa  pasamos a engermidade e que eses dous factores, en especial o feito de que haxa persoas que queran ‘voltar’ á súa vida anterior, sen gardar a distancia social, levar máscara nos lugares recomendados e non seguir as recomendacións sobre hixiene, fará que, moi posiblemente, pérdase todo o que logramos co ‘confinamento’.

También te puede interesar