Ciencia y Tecnología Cultura

A Xunta reclama ao Goberno que dende o luns se poida viaxar por toda Galicia

O presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña

A Xunta reclama ao Goberno do Estado que toda Galicia pase á ‘fase 1’ do proceso de ‘desescalada’  o vindeiro luns, día 11 de maio, dada a actual “situación de baixa incidencia” do coronavirus. Isto foi o que declarou onte o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña para quen a infección está “controlada” en Galicia.

O conselleiro asegurou que nos últimos 14 días non houbo ningún caso de transmisión comunitaria en 196 concellos-dos 313 de Galicia- e en 190 deles non se rexistrou caso algún de Covid-19.

Á vista deste feito a Xunta pide ao Goberno do Estado que se permita á cidadanía moverse por toda Galicia, sexa cal sexa a unidade territorial que fixe o Ministerio de Sanidade, que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estima que debe ser a área sanitaria, non a provincia como anunciara o presidente Sánchez.

También te puede interesar