Cultura

Segundo @MeteoGalicia a actividade acústica diminuiu en Galicia entre un 60 e un 70% durante o ‘Estado de Alarma’

Os datos rexistrados nas últimas semanas pola Rede galega de estacións con sonómetros revelan que o confinamento da poboación e as restricións impostas polo Covid-19 está a ter un «impacto directo e moi significativo» no ruído ambiental que soportamos habitualmente os galegos.

MeteoGalicia conclúe que a partir dos datos obtidos no que levamos de ‘Estado de Alarma’, pódese avanzar que a
actividade e o impacto acústico en Galicia experimentou unha diminución de entre o 60% e o 70%.

Este avance do comportamento do ruído ambiental e a contaminación acústica durante o ‘Estado de Alarma’ fíxose público coincidindo coa conmemoración do ‘Día Internacional da Concienciación sobre o ruído’ e, segundo os datos preliminares recabados por MeteoGalicia, o impacto a nivel acústico durante as dúas primeiras quincenas de confinamento foi moi similar, cunha diminución media dos niveis de ruído de entre 4 e 5 decibelios

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.