Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide o cesamento de López Veiga por «sabotear» a actividade naval en Vulcano

Logo da decisión da Audiencia Provincial de Pontevedra de desestimar o recurso presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo no proceso concursal de Vulcano, co obxectivo de rescatar a concesión para «impedir a continuidade da actividade industrial nese estaleiro», o Bloque Nacionalista Galego esixiu que a Xunta propoña de maneira inmediata o cesamento de Enrique López Veiga como presidente do Porto. 

«É claro que o único afán nos últimos meses do popular López Veiga foi sabotar e boicotar por todos os medios a posibilidade de evitarmos a desaparición definitiva de Vulcano», criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. Polo que, entenden, «non pode continuar un minuto máis á fronte da Autoridade Portuaria». 

Igrexas lamentou tamén a complicidade do Goberno español por «ter permitido que a avogacía do Estado en troca de defender o interese xeral se personase neste procedemento para defender a obsesión persoal de López Veiga en contra do sector naval de Vigo e singularmente de Vulcano». 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.