Galicia Vigo al minuto

A Área Sanitaria de Vigo contrata 65 residentes de último ano de formación en Medicina e Enfermería

A a Dirección da Área Sanitaria de Vigo ven de contratar a un total de 65 residentes no seu último ano de formación de 29 especialidades médicas e 4 de enfermaría.

Os contratados están no seu último ano de formación 11 deles de Medicina Familiar e Comunitaria;  2 de Anestesia e Reanimación; 4 de Pediatría; 2 de Radiodiagnóstico; 2 de Medicina interna; 2 de Obstetricia e Xinecoloxía; 2 de Anatomía Patolóxica; 2 de Oftalmoloxía; 2 de Cardioloxía; 2 de Traumatoloxía; e 1 de cada unha das especialidades restantes. Ademais, contratáronse 5 residentes de Enfermería Familiar e Comunitaria, 4 Enfermería Pediátrica; 2 de Saúde Mental e 4 matronas .

A prestación é voluntaria e require informe favorable provisional da comisión de docencia e o persoal percibirá as retribucións das categorías de médico/a e enfermeira correspondentes, incluído produtividade e gardas, e tamén lle serán computados os servizos prestados para futuras Ofertas de Emprego Público (OPE) e demais procesos de provisión.

También te puede interesar