Destacados Vigo al minuto

O Concello construirá un gran paseo na Avenida de Europa para bicicletas e peóns

O Goberno local vén de aprobar un modificado no contrato do proxecto do carril bici por un importe de 196.000€ que ten coma finalidade “mellorar o trazado e dar seguridade tanto a ciclistas como a peóns”, e a conexión na rúa Mestre Chané con Vía Verde e “continuar nos pasos xa iniciados para estender a mobilidade en bicicleta”, sinalou este xoves o alcalde.

“A época da contaminación acabouse para sempre, non podemos ter os fungos contaminadores enriba de Vigo, o carril bici é tamén lecer”, comentou Abel Caballero durante unha rolda de prensa por vídeoconferencia.

O alcalde explicou que entre Samil e Tomás Paredes, ao longo da Avenida de Europa, cambiará o trazado proxectado para o carril bici, posto que “agora se vai a construír un gran paseo”. Terá un ancho de 7 metros e pasará a ser unha gran avenida peonil.

“Xa estamos con iso, farase como parte do plan de ordenación municipal e significará unha gran mellora para a cidade”, concluíu Caballero.

También te puede interesar