Vigo al minuto

Pacientes con coronavirus internados nos hospitais públicos de Vigo poderán comunicarse cos seus familiares por videoconferencia

Profesionais sanitarios terán ‘tablets’ coas que os enfermos poderán contactar cos seus familiares

A Área Sanitaria de Vigo ven de deseñar novos sistemas tecnolóxicos que faciliten a comunicación entre os pacientes ingresados no hospital, tanto en Urxencias como nas Unidades de hospitalización, cos seus familiares. Trátase dunha medida máis do Plan de Continxencia establecido fronte a pandemia do Covid-19.

A dirección da Área Sanitaria apostou pola tecnoloxía móbil co fin de achegar a calquera paciente emprazado en calquera área do hospital -e que non dispoña dos seus propios medios-, a posibilidade de comunicarse coas súas familias a través de videoconferencia.

“O obxectivo é, que neste contexto de gran presión asistencial, se continúe priorizando a humanización, para non olvidar que o paciente é o primeiro e, na medida do posible, seguer desenvolvendo medidas e xestos que contribúan a minimizar o impacto que supoñe o illamento e a conseguinte soidade que experimentan estes pacientes”.

Así, vanse entregar equipos dixitais,”tablets”, a un grupo de profesionais sanitarios voluntarios para que identifiquen a aqueles pacientes que poderían estar interesados neste servizo, xente de máis idade ou que non dispoñen de dispositivos móbiles. O sistema é moi sinxelo, ao familiar de contacto se lle enviará unha mensaxe SMS cunhas breves instrucións e un enlace para iniciar a videoconferencia.

Ademais, estase estudando cos servizos asistenciais a viabilidade de ofrecer tamén información clínica sobre o estado e evolución dos pacientes ao familiar de contacto,  a través deste sistema.

Extensión de AVÍSAME

Por outra banda, indican dende a dirección da Área Sanitaria, continúase estendendo a máis servizos hospitalarios o Programa Avísame, que envía información por SMS aos móbiles dos acompañantes dos pacientes. En concreto,  ven de implantarse no Hospital de Día de Oncoloxía e nos próximos días farano nas Urxencias.

O obxectivo é garantir que os familiares dos pacientes mantéñanse informados sen necesidade de estar de presencia física nas salas de espera deses servizos, evitando así a concentración de acompañantes nesas salas  e o conseguinte risco de contaxios.

Por exemplo, os pacientes que acuden a recibir tratamento quimioterápico ao Hospital de Día deben pasar varias horas no hospital. Con este sistema, os seus acompañantes poden voltar as súas casas ou esperar nos seus coches, porque se lles enviará unha mensaxe para informarlles no momento en que o paciente finalice o tratamento, e que poidan ir a recollelo.

No referido a Urxencias, se  enviará un SMS indicando o ingreso hospitalario do paciente e   o seu emprazamento, así como información relativa ás medidas de prevención que deben manter os contactos do paciente con COVID-19

También te puede interesar