Ciencia y Tecnología Galicia

@Xunta activa unha App que informar a PEMES e autónomos das medidas económicas aprobadas polo COVID-19

La Fiscalía pide 20 años de cárcel para un vigués que abusó de una menor

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar por medio da  App Gohu, unha canle  dirixida a empresas e autónomos a través da que poderán recibir toda a información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo coronavirus.

As persoas interesadas deben descargar a aplicación desde Google Play Store ou Apple Store; crear un usuario; e introducir o enderezo postal. Deste xeito, a plataforma poderá enviar a información ao usuario e este recibila en tempo real directamente no seu teléfono móbil de xeito automático. Este servizo é totalmente gratuíto. Nestes momentos xa hai preto de 1.000 usuarios rexistrados.

Esta iniciativa súmase a outras, como a Liña Empresas posta en marcha nos últimos días: un teléfono gratuíto (900 815 600) para atender consultas sobre a tramitación dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

También te puede interesar