Comarcas

@AsNevesConcello reparte mascarillas as empregadas e empregados de todos os establecementos abertos ao público

Como parte das medidas impulsadas dende o Goberno local das Neves, este luns comezou o reparto de ‘mascarillas’ no concello, destinadas a «todos os establecementos que están abertos ao público», sinala a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas.

As ‘mascarillas’, que foron doadas ao Concello das Neves, están sendo entregadas ás empregadas e empregados de supermercados, panaderías, gasolineiras, tendas, ferreterías, carnicerías ou farmacias que seguen a traballar estes días e que están extremando as súas medidas de protección para evitar o contaxio do COVID-19.

Estas medidas están, tamén, sendo reforzadas no propia casa do Concello e entre todas e todos os traballadores municipais que seguen a facer o seu labor e que dispoñen das mesmas, ademáis de luvas e desinfectante para as mans.

Esta iniciativa súmase ás que xa están en marcha para «minimizar todo o que poidamos» os efectos da pandemia do coronavirus, tanto polo que se atangue á protección, coma o «acompañamento, apoio e amparo  a todas as veciñas e veciños, en especial a aqueles que viven sós  e que, pola súa idade ou a súas circunstancias, son especialmente vulnerábeis».

En base a iso, está a funcionar a  subministración de alimentos e medicinas o seguimento de veciños e veciñas maiores que viven soas, ademais de todas as que están a ser atendidas polos Servizos Sociais do Concello e as usuarias do Centro de Día, e  a información “a diario” sobre a necesidades, situación e funcionamento do Centro de Saúde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.