Cultura Vigo al minuto

A televisión nos hopitais públicos de Vigo é gratuita en todas as habitacións e para todos os pacientes

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo informa de que a televisión é gratuíta en todos os hospitais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). A Xerencia sae así ao paso de informacións difundidas a través de distintas redes sociais nos últimos días e horas. «Non é certo que os pacientes ingresados teñan que pagar por ver a televisión nas habitacións no Álvaro Cunqueiro», indica a dirección da área nunha nota.

A comezos da semana pasada a Consellería de  Sanidade cursou instrucións para que a medida aplicásese en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde.

En concreto, «no Álvaro Cunqueiro, comezouse a aplicar esta medida de forma paulatina. Inicialmente para as habitacións nas que estaban ingresados pacientes afectados polo Coronavirus e, desde o día 20, venres, aplícase en todas as habitacións, independente da patoloxía pola que estean ingresados os doentes no hospital».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.