Galicia Sucesos

Garda Civil e Policía Local de Mos interveñen 11.000 luvas, 510 máscaras e 124 litros de alcol sanitario

Sin pistas sobre la explosión de un cajero de Abanca en Hío

Membros da Garda Civil e axentes da Policía Local de Mos interviron 11.000 luvas, 510 máscaras e 124,5 litros de alcol sanitario en dúas empresas dedicadas ao almacenamento, venda e distribución de material sanitario que, en contra das normas que rixen dende a declaración do ‘Estado de Alarma’, non informaron ás autoridades sanitarias de que tiñan este material.

A primeira da empresas foi localizada no Polígono do Rebullón o martes: os axentes comprobaron que contaba con máscaras e solución hidroalcohólica, material do que debería informar Sanidade e non o fixo.

A segunda foi descuberta polos axentes da Policía Local este mércores cando souberon que estaban a venderse máscaras en Puxeiros e sorprenderon ao dono da mesma cando descargaba do seu coche máscaras, luvas e botes de solución hidroalcohólica.

También te puede interesar