RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

@bngvigo pide a paralización de todas as obras públicas que non sexan urxentes

O Bloque Nacionalista Galego propuxo este martes ao Goberno municipal a suspensión, até o levantamento do estado de alarma, de todas as obras públicas do Concello agás aquelas que estean motivadas pola urxencia ou teñan a ver co mantemento da rede viaria. 

«Non ten sentido manter as obras na cidade como se non pasase nada», explicou o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas. Igrexas subliñou a importancia de facer efectivo o confinamento decretado polo estado de alarma polo que defende reducir ou suspender toda a actividade que non sexa indispensábel. O edil do Bloque quixo recoñecer o comportamento exemplar da cidadanía e volveu apelar ao cumprimento estrito das recomendacións e medidas aprobadas por parte das diferentes administracións. 

Vitrasa 

Aliás, Igrexas tamén urxiu o Goberno municipal a adoptar as medidas necesarias para atender as demandas do Comité de Empresa de Vitrasa para achegar as máximas garantías preventivas no servizo de autobús urbano. Medidas como a eliminación do pago en efectivo para non manipular moeda e manter a distancia de seguridade, indicar que a subida e baixada de viaxeiros/as se realice pola porta traseira, impedir o acceso á plataforma dianteira e á zona de condución (delimitando o paso mediante cintas) e establecer un límite de aforo que garanta a distancia de seguridade. 

También te puede interesar