Galicia

Os partidos políticos do Parlamento Galego, a favor de retrasar as Eleccións do 5 de abril

Los militantes de Podemos en Galicia rechazan ir a las elecciones con Yolanda Díaz

O Goberno galego estuda unha fórmula legal que permita adiar as Eleccións do día 5 de abril ao Parlamento de Galicia, logo de que os partidos políticos con representación parlementaria en Galicia amosasen a súa disposición a buscar outra data en tanto segue a aumentar o número de persoas que teñen coronavirus.

Ana Pontón, candidata do BNG, foi a primeira dirixente en pedir ese adiamento, e así o plantexará o luns na xuntanza convocada cos líderes políticos por parte do presidente Feijóo, quen tamén está dacordo co retraso electoral, o mesmo que o socialista Gonzalo Caballero, quen pediu un consenso das forzas políticas neste sentido. O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino tamén manifestase a necesidade de buscar unha nova data.

 

También te puede interesar