Vigo al minuto

@bngvigo pide paralizar as obras do túnel da Porta do Sol logo do anuncio do alcalde de que chegará a Torrecedeira

 Cualifica o anuncio de «improvisación descomunal» por parte de Abel Caballero 

Após o anuncio realizado polo alcalde da cidade de alargar o túnel deseñado dentro do proxecto de peonalización da Porta do Sol até Torrecedeira, o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Vigo, afirmou que o mesmo supón recoñecer que «o túnel deseñado era un absoluto disparate que tronzaba Elduayen e que inviabilizaba a peonalización do Paseo de Afonso tal e como advertiramos desde o BNG».

«Improvisación descomunal»

Xabier P. Igrexas lamentou que Abel Caballero en lugar de rectificar opte «por multiplicar a equivocación facendo máis longa e profunda a navallada que representa un túnel a todas luces innecesario e inxustificado» e criticou a «improvisación descomunal» coa que se está a xestionar o proxecto.

O portavoz municipal nacionalista subliñou que existen alternativas técnicas viábeis que permitirían a peonalización completa -coa que o BNG expresa o seu absoluto acordo- sen ter que acometer unha actuación tan agresiva como un túnel. Emporiso, Igrexas, demandou ao Goberno local que paralice a execución das obras para «estudar outras alternativas», sinalando que inda se está a tempo de evitar unha «actuación irreversíbel» e que supón tamén importantes riscos en materia de protección do patrimonio histórico nunha contorna con abondosa presenza de xacementos e restos.

«Obsesión por perforar o corazón da cidade»

Aliás, desde a fronte nacionalista volveron esixir «transparencia e participación», pedindo que o Goberno explique de maneira clara cal vai ser o custo total do proxecto que agora se pretende acrecentar substancialmente e como se vai financiar.

«Caballero ten que explicarlle ás viguesas e vigueses canto vai custar a súa obsesión por perforar o corazón da cidade e quen vai pagar esa factura de record», reclamou Igrexas. O edil nacionalista tamén reiterou a súa petición de que o proxecto de peonalización se someta a exposición pública e que se abra un diálogo sincero coa veciñanza e os colectivos sociais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.