RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

63 feridos en accidentes na segunda fin de semana consecutiva sen mortes nas estradas de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 63 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 6, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 8 de marzo.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 53. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar