Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Convocada unha nova manifestación pola Sanidade Pública, en Vigo o vindeiro día 17

As malas condicións laborais, as consecuencias dunha política privatizadora da sanidade, a falla de persoal na Atención Primaria, a falla de inversión ou a “presión” que sofren os profesionais dos Puntos de Atención Continuada (PAC), son varios dos motivos polos cales SOS Sanidade Pública e a xunta de persoal da área de Vigo convocan unha manifestación para o vindeiro 17 de marzo ás 20:00 horas. 

Esta convocatoria segue a varias mobilizacións na área viguesa e a que tivo lugar en Compostela o pasado día 9 de febreiro na que participaran milleiros de persoas.

 

También te puede interesar