Galicia Vigo al minuto

Feijóo mantería a maioría, segundo unha enquisa publicada este domingo por La Voz de Galicia

Se as Eleccións ao Parlemento de Galicia fosen hoxe, Alberto Núñez Feijóo seguiría á fronte da Xunta, dacordo cunha enquisa elaborada por Sondaxe, que publica este domingo La Voz de Galicia.

Segundo a mesma, o Partido Popular perdería dous escanos, pasando de 41 a 39, un máis da maioría absoluta, que está en 38 -o Parlamento de Galicia ten 75 deputados-. Ademais, Feijóo é o candidato máis valorado polas persoas que contestaron ao sondeo, e logra unha nota de 5,46 sobre 10.

A segunda forza máis votada sería o PSdG-PSOE que chegaría aos 15 escanos-un máis dos que ten agora-, mentres que o seu candidato á Presidencia, Gonzalo Caballero, obten a terceira mellor nota entre os líderes dos principais partidos, un 5,03.

O BNG obtería os mellores resultados o vindeiro 5 de abril, pasando de 6 deputados a 13 o que ven explicado polo feito de que a súa candidata, Ana Pontón, sexa a segunda máis valorada polos electores, con 5,43 puntos sobre 10, a apenas 3 décimas do actual presidente.

Galicia en Común -a coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos- que ten coma candidato á Presidencia a Antón Gómez Reino, pasaría dos 14 escanos que obtivo en 2016 a 8, baixando 6 que acabarían no Bloque.

Ciudadanos, con Beatriz Pino á fronte, non pasaría do 2,7% dos votos, e non tería representación no Parlamento galego, a onde non chegaría, en ningún caso, a extrema dereita, que nin se asoma ao 2% do apoio popular en Galicia onde é unha opción marxinal.

 

También te puede interesar