Comarcas

@AsNevesConcello remata en varias parroquias obras de asfaltado, mellora e conservación de estradas, camiños e pistas

A Concellería de Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde de As Neves, Marcelino Couto, vén de rematar varios traballos en diferentes barrios e parroquias da vila, consistentes en asfaltado, melloras, limpeza e conservación de vías, camiños e pistas e colocación de tapas no saneamento.

En conxunto, estes traballos contaron cun orzamento de 123.471€, dos cales máis da metade foi con cargo ao superávit municipal do ano anterior.

Máis polo miúdo, completáronse os  alcatranados no interior dos barrios de Vilanova, en Tortoreos, e Couto, en Rubiós, completando, ademais, a limpeza viaria das marxes e o asfaltado de «dous treitos, de ao redor de 700 metros de lonxitude que estaban en mal estado e que non se renovaran dende a súa apertura», sinala Couto. O custe total, incluído proxecto e impostos,  foi de 33.811,42€.

Tamén están finalizados os traballos de mellora nos accesos a Barrela, na parroquia de Setados, na Estación e A Porqueira, en As Neves, e no barrio de Casal, na parroquia de Vide

«Na Porqueira asfaltouse por primeira vez un camiño que da acceso ata a catro casas e así evítanse as grandes dificultades que provocaban as fochancas e charcos de auga nos momentos de chuvia», sinala o tenente de alcalde. En Vide mellorouse o acceso a varias vivendas mediante a utilización de formigón. O custo final de todas estas obras foi de 29.913,98€.

A Concellería de Vías e Obras tamén concluíu o asfaltado de camiños na Chan, na parroquia de Tortoreos, e en Figueira, na de Rubiós: os traballos consistiron no «re-asfaltado completo no barrio de Filgueira e varios tramos, que estaban moi estragados, na Chan».

Ademais, tamén se realzaron as tapas de saneamento e augas, ademais do pintado das liñas que delimitan os bordes para maior seguridade.

O custe total dos traballos, proxecto e impostos foi de 59.746,50€ e a financiación foi conxunta: Concello e, nunha parte maior, por medio do Plan Marco da Consellería de Medio Rural

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.