Ciencia y Tecnología Galicia

@Xunta abre o prazo para a solicitude de axudas para pequenas empresas

A Xunta  vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas do ‘Innova Peme 2020’, dotada con 2,7 millóns de euros e destinada especificamente a micro, pequenas e medianas empresas galegas que precisan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver a súa actividade innovadora. O obxectivo é que aumenten a súa competitividade e tamaño do mercado a través da introdución de novos produtos e servizos ao abeiro dos plans de innovación; e fomentar o investimento privado en I+D en Galicia, a transferencia de tecnoloxía e a innovación aberta e colaborativa.

‘InnovaPeme 2020’, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, apoia as actuacións recollidas nun plan de innovación, que se desenvolverá durante un período mínimo dun ano. A intensidade da axuda será do 50% do orzamento subvencionable (que deberá estar entre 80.000 e 200.000 euros) e, ademais, as empresas beneficiarias poderán solicitar acompañamento posterior para a comercialización e industrialización da innovación a través de fondos de capital risco vencellados á innovación xestionados por XesGalicia.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses e remata o 20 de abril ás 13 horas. Entre as principais novidades, refórzase como criterio de valoración o feito de ser unha microempresa e non ter obtido axudas á I+D+i nos últimos 3 anos. Ademais, só se valorarán os contratos a tempo completo cunhas retribucións nas que corresponda o grupo de cotización coa titulación da persoa contratada.

Así mesmo, nesta edición, inclúense unha serie de cláusulas sociais como a incorporación da innovación responsable e do compromiso social como criterios de valoración da convocatoria e relacionadas coa estratexia de apoio ás pemes como obrigas de formación e de subministración de información.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.