RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

A pensión media sube en Galicia ata os 855,89€, a segunda máis baixa do Estado

Segundo informa este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a pensión ‘media’ medrou este mes en Galicia un 2,5% chegando aos 855,89€/mes-a segunda máis baixa de España, so por diante dos 838,51€ de Extremadura- máis de 150€ menos que o conxunto do Estado, no que é de 1.006,85€ mensuais.

As pensións dos coruñeses as máis altas

En Galicia hai 767.141 pensionistas -299.995 na provincia de A Coruña; 242.992 na de Pontevedra; 116.053 en Lugo e 108.101 en Ourense-sendo os coruñeses os que teñen a ‘paga media’ máis alta, 900,56€; seguidos dos pontevedreses, 896,6€; lucenses, 762,54€ e ourensáns, 740,63€.

As pensiones de viuvez, apenas 600€

Polo que se refire ao tipo de de pensionistas, hai en Galicia 480.890 xubilados, que cobran, de media, 972,66€/mes; 186.307 de viuvez, cunha paga mensual media de 610,2€, e 69.773 de incapacidade permanente, cuns ingresos de 891,18€ mensuais.

 

También te puede interesar