Destacados Vigo al minuto

Vigo Histórico e @Greenpeace chaman a disfrazarse de árbore para reclamar que non se faga o túnel de Elduayen

O vindeiro sábado, día 22, ás 12:30 h. xunto á Oliveira, no Paseo de Alfonso, o colectivo #VigoHistórico, acompañado dos colectivos e asociacións ecoloxistas Greenpeace, ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra e Fridays For Future, fará lectura dun manifesto conxunto “por un centro de Vigo peonil pero sen túnel”, reclamando que “o Concello busque reducir fumes e non soterralos”.  

Como acostuma VigoHistorico, acompañará o acto reivindicativo cunha acción lúdica para poñer en valor os espazos que o túnel estragará. Nesta ocasión, coincidindo co Entroido, invitará a disfrazarse de árbore, xa que ultimamente tenden a desaparecer do centro, e a tomar un vermú por un Vigo sen Fumes, máis sostible. Baixo os lemas #VigoSenFumes, #EntroidoEnVerde

También te puede interesar