RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es chega a New York co audiovisual ‘Fame de Experiencias’, finalista dos TV & Film Awards

O audiovisual «Fame de experiencias», co que se promocionou a provincia de Pontevedra durante o ano 2019, vén de ser recoñecida como finalista dos TV & Film Awards de New York Festivals. «Estamos moi satisfeitas e satisfeitos –sinalou este venres a presidenta da Deputación– xa que non é soamente un recoñecemento ao traballo ben feito dunha administración que ten un modo auténtico de presentar o seu destino, senón que tamén pon en valor a creatividade e talento do audiovisual da nosa provincia».

«Fame de experiencias», que recibiu en FITUR o premio ao mellor audiovisual impoñéndose por riba de 60 candidaturas, dá así o «salto internacional» o que supón «unha grande nova para a provincia», en palabras da presidenta.

O audiovisual, que se centraba en «poñer en valor ás persoas produtoras da provincia de Pontevedra pero tamén á nosa enogastronomía e cociña de excelencia», competía con ata 50 países na modalidade de turismo do TV & Film Awards da New York Festivals e resultou finalista xunto con outros 15 participantes entre os que se atopan Azerbaijan, Dinamarca, Portugal, Francia, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapur e Noruega. «Rías Baixas é o único destino representante de España xunto con Madrid», asegurou Silva.

También te puede interesar