RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Emigrantes do Condado reclamarán diante de Facenda que non se lles trate coma defraudadores

Os membros da Asociación de Xubilados Emigrantes do Condado-integrantes da  Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados- levan máis de 6 anos de «loita», dende 2013, reclamando que se modifique a Lei 35/2006, que faculta a Facenda  para reclamarlles  que paguen polas xubilacións que cobran noutros países nos que cotizaron durante a súa vida laboral nos seus anos de emigrantes.Esta situación afecta a uns 250.000 emigrantes retornados galegos, que en moitos casos, tiveron que facer fronte a multas de entre 8.000 e 20.000 €.

«O Goberno do Partido Popular utilizou esta lei, facendo unha interpretación patidista e descriminatoria da mesma, para poder recadar cartos as arcas do Estado, mentras o seu partido facía unha anmistía fiscal aos seus colegas con cartos roubados do erario público e en paraisos fiscais e cando xa no 2018 se condenaba ao Partido Popular a pagar unha multa como partido político participe a título lucrativo do caso Bárcenas», sinalan dende este colectivo.

O mesmo subliña que «dende a Xunta de Galicia o actual presidente, Nuñez Feijoo, non atendeu nin mediou para resolver este problema da emigración esquecéndose por completo do que representou a diáspora galega das familias en todo o país».

O presidente da Plataforma do Condado lembra que «a emigración galega fixo entrar, e segue a facer entrar, divisas do extranxeiro ao Estado Español e que sempre repercute na economía do país, e que logo de este roubo do Partido Popular que pon en clara inxustiza a este colectivo a día de hoxe segue sen resolver como tamén son os graos de incapacidade que non son recoñecidos pola Seguridade Social pero que foron dictaminadas dende os paises de orixe da Unión Europea, pondo en evidencia que só somos europeos para o que lles convén».

Os membros deste colectivo entenden que coa constitución dun novo Goberno sí é  posibel a que as súas reivindicacións «lexítimas e xustas» poden ser atendidas polo que convocan unha concentración o vindeiro martes, día 18 diante do edificio de Facenda en Ponteareas e nvitan a todos aqueles que están na mesma situación que se sumen a á mesma «para facer valer as súas reivindicacións e se faga xustiza».

También te puede interesar