Galicia Vigo al minuto

O Entroido de Vigo, dende a semana que vén coas actuacións de @SorayaArnelas e @ketamaoficial

A contorna de Príncipe, e Porta do Sol, con pequenas limitacións polas obras, acollerán máis de 20 actividades, concertos e actos durante o Entroido de Vigo, entre os días 21 e 26 deste mes de febreiro.

Concurso de disfraces

Os concursos de disfraces, se o tempo o permite, celebraranse diante do MARCO desde as 17:30h nas categorías individual e grupo conxuntado infantil (ata os 13 anos) e desde as 18:30h para a individual e grupo conxuntado xeral (desde 14 anos). As inscricións, na mesma rúa do Príncipe desde unha hora antes do inicio de cada concurso.

Desfile de comparsas

O desfile de comparsas partirá do nó de Isaac Peral ás 18h do sábado 22 de febreiro. Mantén o percorrido habitual, con finalización en Porta do Sol, mais o Concello prevé un final próximo alternativo en caso de que as obras de peonalización o impidan, segundo confirmou Abel Caballero. As comparsas deberán ter un mínimo de 35 integrantes e haberá premios de 3.000, 2.500 e 2.000€ respectivamente para os tres primeiros e catorce accésits de 1.000€ cada un.

Programa

O alcalde lembrou as actividades do Entroido vigués deste ano, comezando o venres 21 de febreiro con animación de rúa en Príncipe e Porta do Sol desde as 18 horas, entronización do Meco ás 20h e posterior concerto de Soraya Arnelas.

O sábado 22, novamente animación da rúa no centro pero desde as 17h, co desfile-concurso de comparsas e carrozas ás 18h e concerto de Ketama na Porta do Sol (21:30 horas).

Para o domingo, día 23, os merdeiros estarán no centro histórico en horario de mañá e tarde. Ás 10h arranca en Príncipe a carreira popular infantil e unha hora máis tarde, a categoría de adultos e veteranos, con saída en Porta do Sol e percorrido por Elduayen, Paseo de Alfonso, Pi y Margall, López Mora, Camelias, Romil, Cachamuiña, Pracer, Progreso, Doutor Cadaval e final na Porta do Sol. Na tarde do domingo, animación de rúa de 17 a 19h en Príncipe e Praza da Princesa, actuacións infantís ante o MARCO ás 17h e chocolatada infantil ás 18h no mesmo emprazamento.

O luns 24, obradoiros e animación infantil de 17 a 20h diante do MARCO, cunha chocolatada infantil ás 18h. O martes 25, novamente os merdeiros polo centro histórico en horario de mañá e tarde, os concursos de disfraces ante o MARCO e a queima do Meco ás 22:30h na Porta do Sol.

O mércores 26 de febreiro, exequias funerarias solemnes das comparsas e acompañamento da comitiva ás 18h, en Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e volta á Porta do Sol. Este será o punto de celebración do enterro do Meco, ás 19:30h, cos oficios laicos, responsos e sermóns, e lectura da acta do xurado e entrega de premios dos concursos de comparsas e carrozas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.