Ciencia y Tecnología Galicia

Meixoeiro e Nicolás Peña terán entradas e aparcadoiros renovados este ano

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade anunciou este luns en Vigo a licitación das obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Peña, que comezarán no vindeiro mes de xuño, cun investimento de 700.000€.

Ethel Vázquez explicou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o 9 de marzo para presentar as súas ofertas. Precisou que a continuación se avanzará nos trámites para comezar as actuacións no verán e poder telas rematadas a finais deste ano.

O «obxectivo fundamental é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade» nos contornos destes hospitais, «favorecendo a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario».

Para iso, adiantou a conselleira, se actuará nos viarios interiores coa renovación do firme, a mellora das beirarrúas, a reordenación de espazos nas entradas a estes dous centros hospitalarios, e habilitaranse 23 pasos de peóns.

Vázquez precisou que no Meixoeiro se habilitará un novo viario para facilitar as comunicacións dentro do propio recinto. «Será un treito que facilitará a subministración ao propio hospital, evitando que os vehículos que traen o material necesario teñan que saír marcha atrás ou por dirección prohibida».

Concretou que tamén se mellorará o aparcadoiro do Nicolás Peña e se actuará nos itinerarios peonís para incidir sobre a accesibilidade e facilitar os desprazamentos a pé dos usuarios. Ademais, mellorarase a sinalización para reordenar a circulación e regular o estacionamento, e se acometerá a reposición de diversos elementos como vallados peonís ou bolardos.

Do mesmo xeito, na primavera tamén se levarán a cabo obras complementarias de acondicionamento dos accesos e da optimización da sinalización do antigo hospital do Rebullón, cun orzamento de 50.000€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.